Programa de emprego no Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol lanza un programa Integrado de Emprego para persoas desempregadas.

Para participar é necesario estar en situación de desemprego, inscrito como tal no servizo público de emprego de Galicia, e pertencer a algún dos seguintes colectivos:
– Persoas con discapacidade,
– Beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social,
– Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero,
– Menores de 30,
– Maiores de 45 anos,
– Perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción,
– Mulleres,
– Persoas desempregadas de longa duración,
– Persoas inmigrantes.

Está contemplada a realización dos seguintes itinerarios formativos:
– Itinerario 1: Almacén
– Itinerario 2: Comercio
– Itinerario 3: Carne
– Itinerario 4: Limpeza-camareira
– Itinerario 5: Caixa, reposición e panadería

O Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2021-2022 establece o pagamento dunha bolsa consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións do programa, tendo en conta que o concepto de asistencia supón presencia física da persoa beneficiaria.

As persoas interesadas se poden dirixir a:

Centro de Emprego
Concello de Ferrol
981944195
www.ferrol.es/emprego<http://www.ferrol.es/emprego>
emprego@ferrol.es

Toda a información na seguinte ligazón:http://www.ferrol.es/emprego/ampliar.aspx?id=658