Categoría: Uncategorized
Ayudas para alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo
Podrán pedirse desde el 19 de mayo hasta el 30 de septiembre de 2022, pero no lo dejes para el último día, porque tienes que imprimir el PDF y presentarlo en el centro antes de esa fecha.
Qué personas pueden solicitar esta ayuda:
- Discapacidad igual o mayor de 33%.
- Trastorno grave de Conducta
- Trastorno grave de la comunicación o del lenguaje.
- Trastorno del espectro autista.
- Altas capacidades
Tanto para enseñanzas de formación profesional de grado medio y superior, como formación profesional de grado básico.
Máis información:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Convocados cursos Celga 2,3 e 4
-Cursos gratuitos (en modalidade presencial e a distancia) para a preparaci´on das probas para obter os certificados de lingua galega niveis 1,2,3,4
Requisitos:
–Maiores de 16 anos ou facelos no ano natural da convocatoria.
Solicitudes e prazo de inscripción:
-As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes.
-Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección.
As persoas solicitantes dun curso en liña deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet (de banda larga).
– Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox).
– Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.
– Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
No caso daquelas persoas con necesidades educativas especiais que precisen apoio
para realizar un curso presencial, indicarán na súa solicitude de inscrición o apoio concreto
que necesitan, cuxa concesión será valorada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (Publicado o 14 de febreiro de 2022)
Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves.
Máis informaci´ón:
Programa de emprego no Concello de Ferrol
O Concello de Ferrol lanza un programa Integrado de Emprego para persoas desempregadas.
Para participar é necesario estar en situación de desemprego, inscrito como tal no servizo público de emprego de Galicia, e pertencer a algún dos seguintes colectivos:
– Persoas con discapacidade,
– Beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social,
– Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero,
– Menores de 30,
– Maiores de 45 anos,
– Perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción,
– Mulleres,
– Persoas desempregadas de longa duración,
– Persoas inmigrantes.
Está contemplada a realización dos seguintes itinerarios formativos:
– Itinerario 1: Almacén
– Itinerario 2: Comercio
– Itinerario 3: Carne
– Itinerario 4: Limpeza-camareira
– Itinerario 5: Caixa, reposición e panadería
O Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2021-2022 establece o pagamento dunha bolsa consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións do programa, tendo en conta que o concepto de asistencia supón presencia física da persoa beneficiaria.
As persoas interesadas se poden dirixir a:
Centro de Emprego
Concello de Ferrol
981944195
www.ferrol.es/emprego<http://www.ferrol.es/emprego>
emprego@ferrol.es
Toda a información na seguinte ligazón:http://www.ferrol.es/emprego/ampliar.aspx?id=658
Becas Fundación La Caixa
-Fundación La Caixa convoca 50 becas para estudiantes excelentes con poucos recursos económicos que inicien estudios de grao no curso 2021-2022.
-Presentación de solicitudes antes do 1 de Xuño de 2021.
#BecasFundlaCaixa.
Consulta toda a información aquí.
Premios extraordinarios FP
Requisitos:
– Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2019/20 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2020
-Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
Forma e prazo de presentación de solicitudes:
-As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de
Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».
-Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
-Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de maio.
Para máis información:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-250321-0001_gl.pdf
-orientacion.cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal
Videoconferencia sobre as ABAU
O xoves 8 de abril celebrarase unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer a oferta da UDC ao alumnado interesado en acceder a universidade. O enlace a información é o seguinte:
https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.
As videoconferencias estarán organizadas segundo o seguinte esquema:
a. Perfil de ingreso
b. Por que estudar este Grao na UDC
c. Contido da titulación
d. Saídas profesionais
e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.
O alumnado poderá:
* Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.
* Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas
* Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas…
* Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado
* Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos
Tamén haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.
Encontros virtuais na USC
Os días 23,24 e 25 de Marzo celebráranse os encontros virtuais coa USC.
Maña, martes 23 abril, ás 12 terá lugar o Acto de Inauguración coa conferencia do catedrático de Medicina Legal de la USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica(SERGAS) e do Centro Nacional de Genotipado, Angel Carracedo que falará dos seus Proxectos e ilusións
No seguinte enlace podes ver todas as videoconferencias clasificadas por carreiras universitarias:
Encontros virtuais na Zona USC | Universidade de Santiago de Compostela
Mochilas da igualdade
Xa tes dispoñible na bilioteca do CIFP Ferrolterra as mochilas da igualdade. Estas mochilas conteñen películas e libros onde a muller aparece como figura representativa. Podes consultar o contido das mochilas no cadro:
Mochila 1 e 2 | Criadas y señoras Figuras ocultas Brave El color púrpura Erin Brockovich Thelma y Louise Isabel Ruiz. Mujeres Penélope Bagieu. Valerosas Precious |
Mochila 3 e 4 | Mulan Pocahontas Como agua para chocolate Elizabeth Ágora Tomates verdes fritos Isabel Ruiz. Mujeres 2 Penélope Bagieu. Valerosas 2 Madame Curie -Luna nueva |
Mochila 5 | La mujer del año Flashdance La hija del general Te doy mis ojos Aliens: el regreso Tootsie Isabel Ruiz. Mujeres 3 Jen Wang. El príncipe y la modista Luna nueva |
Mochila 6 | La mujer del año Flashdance La hija del general Te doy mis ojos Aliens: el regreso Tootsie Isabel Ruiz. Mujeres 3 Jen Wang. El príncipe y la modista |
Mochila 7 e 8 | Diario de una niñera Gravity Interestelar Million dollar baby Sufragistas Las 13 rosas Isabel Ruiz. Mujeres 4 Ana Penyas. Estamos todas bien |
Mochila 9 | Billy Elliot Las Maestras de la República (documental) Zootrópolis Mustang Con la pata quebrada (documental) Mujercitas (1994) Rachel Ignotofsky. Mujeres de ciencia. 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo Assia Petricelli. Chicas malas |
Podes solicitar o préstamo de algunha das mochilas na propia biblioteca. Terás 3 semanas para devolvela.
Instruccións ABAU 2021
Consulta as instruccións das ABAU no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-160221-0002_gl.pdf