Requisitos:
– Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2019/20 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2020
-Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
Forma e prazo de presentación de solicitudes:
-As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de
Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».
-Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
-Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de maio.
Para máis información:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-250321-0001_gl.pdf
-orientacion.cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal