Convocados cursos Celga 2,3 e 4

-Cursos gratuitos (en modalidade presencial e a distancia) para a preparaci´on das probas para obter os certificados de lingua galega niveis 1,2,3,4

Requisitos:

Maiores de 16 anos ou facelos no ano natural da convocatoria.

Solicitudes e prazo de inscripción:

-As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes.

-Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección.

As persoas solicitantes dun curso en liña deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet (de banda larga).
– Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox).
– Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.
– Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).

No caso daquelas persoas con necesidades educativas especiais que precisen apoio
para realizar un curso presencial, indicarán na súa solicitude de inscrición o apoio concreto
que necesitan, cuxa concesión será valorada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (Publicado o 14 de febreiro de 2022)

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves.

Máis informaci´ón:

Convocados, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 | Consellería de Cultura, Educación e Universidade (xunta.gal)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *