Do 22 ao 24 de febreiro celebrarase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22: https://youtu.be/vCq51CXx-z0
Funcionará como unha Feira Universitaria presencial: https://grado-uniferia.crue.org/ pola o alumnado poderá visitar os stands das Universidades españolas presentes na Feira.
A Universidade da Coruña (UDC), terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que ofreceran ao alumnado que coñeza de a ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, coñeza a Vida Universitaria que lle espera e poida consultar as dúbidas que teña de notas de corte, aloxamento…
O horario é amplo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h e o persoal do Servizo de Estudantes estarás pendente para solucionar calquer cuestión.
A navegación por UNIFERIA é libre, tras rexistrarse.
Nesta ligazón poden ver un vídeo resumen de UNIferia 2021 e as posibilidades que ofrece:
<https://udcgal.sharepoint.com/:v:/s/difusion-udc/EURjMYA-TclFj9RH10-djooBlFJpNYGRcD-duQhnUPbpMw?e=NhXkhv>
Autor: orientacion
Carnés e habilitacións profesionais. Orde de convocatoria 2021
Publicada a Orde do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2021 (código de procedemento ED527A).
Orde do 11 de febreiro de 2021
Prazos de presentación de solicitudes | Carnets profesionais que se convocan | Habilitacións profesionais que se convocan: |
Primeira convocatoria: do 22 de febreiro ao 8 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos | -Carné profesional de operador/a de guindastre torre -Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A -Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B | Operador/a industrial de caldeiras |
Segunda convocatoria: do 22 de xuño ao 5 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos | -Carné profesional en instalacións térmicas de edificios -Carné profesional de operador/a de guindastre torre -Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A -Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B | -Operador/a industrial de caldeiras -Instalador/a de gas, categoría A -Instalador/a de gas, categoría B -Instalador/a de gas, categoría C -Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I -Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II -Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III -Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados -Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados -Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados -Manipulador/a en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados |
Probas de acceso á ciclos 2021
Xa está publicada a convocatoria de probas de acceso á ciclos.
As datas son as seguintes:
-Acceso a ciclo medio: 27 maio. O prazo de inscripción estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos
-Acceso a ciclo superior: 15 abril.O prazo de de inscripción estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
Consulta toda a información no seguinte enlace:Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2021 | Xunta de Galicia
Convocados, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de CELGA 1,2,3 e 4.
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Consulta no seguinte enlace toda a información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-220121-0001_gl.pdf